| ANDRES DOBARRO: O BOB DYLAN GALEGO |
| 29/03/2006 |
Foi o Bob Dylan galego. Un autentico milagre musical que logrou catro números un cantando en galego nos primeiros anos setenta. Foron alguns dos datos que se debullaron na mesa redonda celebrada na biblioteca municipal de Fene na tarde noite de onte sobre a figura de Andrés Dobarro.
No acto presentouse un avance do documental que lembra a vida do mítico músico ferrolán. A película “O tren que nos leva” salienta a importancia de Andrés Dobarro para a música e para a cultura galega. Remataráse para o vindeiro verán, segundo afirmou o seu productor Anxo Fernandez. |
| |
| A VOZ PROMETEDORA DE LURA NA CORUÑA |
| 31/01/2006 |
O novo descubrimento da música do Cabo Verde sorprende polo seu carácter, pola súa voz vigorosa, triste á veces, de timbre profundo e inflexións sensuais. Unha voz que nos transporta á súa terra, tan prometedora como ela. Ela é LURA, unha artista nova, do seu tempo, que sen embargo posue e leva fachendosa polo mundo a sabiduria da súa terra, ese pequeno arquipélago africano, antiga colonia portuguesa, cuia dignidade canta e exhibe. O seu último traballo, DI KORPU KU ALMA, convertiuna nun ídolo da súa xente: a de Cabo Verde e a de todo o mundo. |
| |
| SCARLETT´S WELL NO FELIPOP 2005 |
| 29/03/2005 |
Cada disco de Scarlett´s Well é coma un rio de lama que se traga o océano. Ninguén dubida en sinalar a BID (rutilante heroi de The Monochrome Set) como músico de calibre excepcional e un enigma a descifrar polos estudiosos. E o encanto de ter unha sonada mítica de fondo.
Non sabemos se BID recurrirá ao manantial da Iliada, a Odisea ou a Eneida. Quizais a autores coma Lovecraft, Poe, Swift ou Kipling, ou á épica e erótica de Babilonia ou das Mil e unha noites. O que sí é seguro é que sempre quedarán as suas cancións con certo rastro de beleza perversa, co fume cegador duns ambientes extranos e a onda benéfica da melancolía e do ensoño na súa mellor vertente. |
| |
| THE MANDRAKE MEMORIAL, PRETENCIOSIDADE E SICODELIA |
| 13/12/2004 |
The Mandrake Memorial era un cuarteto procedente de Philadelphia que traballou a finais dos sesenta. Liderados polo guitarrista Craig Anderton formou o grupo en compaña do baixista J. Kevin Lally, o baterista Randy Monaco e o teclista Michel Kac. Como parte do chamado Bosstown Sound, a resposta da costa leste contra a invasión musical californiana, tiña en comun cos seus coetáneos o gosto pola pretenciosidade con recubrimentos sicodélicos. O seu debú vendeu case 100.000 copias a base de cancións pop. Para o seu segundo Lp Medium, xa están definitivamente sumerxidos non terreos lisérxicos. Xa reducidos a trío publicaran o seu ambicioso Puzzle, unha especie de obra conceptual bastante aburrida por certo. |
| |
| OS PRIMEIROS DO POWER POP |
| 03/12/2004 |
Fotomaker son algo así coma o primeiro supergrupo do power-pop pois foron fundados polos antigos membros dos Rascals Gene Cornish (baixo) e Dino Danelli (batería), que viñan de estar xuntos nunha breve aventura baixo o nome de Bulldog. Os dous contactaron con Wally Bryson que fora guitarrista dos Raspberries. Bryson aceptou a proposta e a formación completouse con outro guitarrista Lex Marchesi e o teclista Frankie Vinci, repartíndose as tareas vocais todolos membros do grupo. O grupo conseguiu un contrato con Atlantic Records e no ano 1978 editaron o seu homónimo primeiro LP que contiña a gran Where Have You Been All My Life , a súa canción bandeira. Nese mesmo ano e aproveitando o éxito do seu single publicaron o seu segundo disco Vis-a-Vis pero non pasou gran cousa. Bryson retornou á súa Cleveland natal e o cuarteto restante publicou ó ano seguinte o derradeiro LP Transfer Station, tra-lo cal decidiron deixálo definitivamente. |
| |
| NINES, POP ENERXICO CON MELODIA |
| 08/11/2004 |
Os Nines son un trío canadiano liderado polo baixista Steve Eggers. En compaña de Sam Tallo (guitarra) e Aaron Nielson (batería) traballa desde o ano 94 ofrecendo unha boa dose de pop rock enerxético clásico, co bó gusto polas melodías, as baladas barrocas e a herdanza de bandas como os XTC máis sicodélicos. No 1998, The Nines editaron o seu aclamado album Wonderworld of Colourful cheo de magníficas cancións sustentadas por harmonias vocais, guitarras Rickenbacker e discretos teclados. O disco seguinte, ‘Properties of Sound’ (2001) continúa coas virtudes debulladas no seu debú e volta a ser un disco recomendable. |
| |
| STRAY, COMBINACION DE HARD ROCK E PSICODELIA |
| 29/10/2004 |
Stray foi un cuarteto londinenese que tivo unha prolífica carreira non cumprimentada coa a mesma sona que outras bandas contemporáneas como Led Zeppelin, Black Sabbath, Family ou Free. Formado no ano 1966 polo vocalista e guitarrista Del Bromham, o tamén guitarrista Steve Gadd, o baixista Gary Giles e o batería Ritchie Cole, Stray fichou polo selo especializado en folc, Trasatlantic, que tentaba neses intres dar saída a outro tipo de música máis acorde cos tempos. Con apenas dezaoito anos debutaron no 1970 cun album homónimo que xa amosaba o que porían de manifesto ó longo da posterior década: un gusto formidable para combinar hard rock, un pouco de progresivo e certos atisbos de sicodelia. No ano 77 acabaron por deixálo despois de nove discos, estando o máis interesante da sua carreira nos catro primeiros. Hai publicada unha antoloxía Time machine , que recopila 35 temas que van do 70 ó 77, o mellor xeito para achegarse a súa música. |
| |
| O FOLC ROCK DE JADE |
| 22/10/2004 |
O trío de folc-rock británico Jade editou un oscuro disco no ano 70,
Fly on Strangewings que soaba moi semellante ós Fairport Convention de finais dos sesenta. A súa vocalista, Marian Segal (que tamén tocaba guitarra acústica), tiña unha voz moi parecida á da desaparecida Sandy Denny. Tamén, Jade misturaba axeitadamente o folc más tradicional co espirítu rock da época, aderezado todo con grandes armonías vocáis e arranxos.
Marian Segal debutou no circuito londinense de folc no ano 1966 onde coñece o cantante e guitarrista Dave Waite co que comenza a actuar regularmente. A finaís dos sesenta abandonan o folc tradicional por algo máis moderno acompañado de temas orixináis. Nesa época conseguen un contrato co selo DJM. O productor do disco será Dick Miller que lles presenta ó cantante e teclista Ron Edwards que pasa a ser o terceiro membro do grupo. Movéndose cara un territorio máis rock no son, o disco benefíciase da colaboración de grandes músicos do momento incluíndo a Pete York (dos Spencer Davis Group), Terry Cox (de The Pentangle), Pete Sears (máis tarde en Jefferson Starship), un dos baterías máis célebres da época Clem Cattini, e Mick Waller (que tocara con Jeff Beck and Rod Stewart).
Mentras o seu disco de debú apareceu no Reino Unido como Jade, nos Estados Unidos por coincidencia no nome cun grupo de aquelas terras, foi lanzado como Marian Segal With Silver Jade. O grupo xirou polos USA no ano 1971 e cara o remate do ano separáronse. Segal e Waite continuaron tocando como The Marian Segal Band con outros músicos durante uns anos, pero a falta dun novo contrato discográfico acabou en separación definitiva a mediados de década.
Fly on Strangewings foi reeditado en CD no 2003, engadindo as dúas caras dun single do ano 1971 como bonus.
Luis Iñíguez. |
| |
|