| LUAR NA LUBRE PRESENTA "SAUDADE" |
| 08/11/2005 |
LUAR NA LUBRE presenta o seu último disco Saudade |
| |
| PEDRO RUIZ: "CANDO SE FALA ALTO, SE PENSA FROUXO" |
| 23/09/2005 |
“Estudio estadio”, “Como Pedro por su casa”, “La noche abierta”. Son algúns dos programas de televisión creados,dirixidos e presentados nos últimos anos por Pedro Ruiz. O popular comunicador volve ao teatro, un arte que ama por independente e contestatario. Afirma que a realidade é moito máis provocadora, moito máis dura que o teatro. Cando saes do patio de butacas despois da función, na rúa empeza o teatro cabrón , e o señor do banco te engana, ... afirma Pedro Ruiz quén tamén indica que nos paises democráticos se lobotomizou á sociedade e hai unha dictadura económica que nos condiciona moito, ata o punto que moitos individuos non se atreven a ser libres, porque manda a hipoteca . |
| |
| O POTE, ROMERIA QUE PERVIVE EN MANIÑOS |
| 21/08/2005 |
| A primeira romería do Pote tivo lugar o 17 de setembro de 1933. Naquela ocasión actuou o grupo Toxos e Froles de Ferrol, que inaugurou o palco do campo da festa de Maniños (Fene A Coruña). Mäis tarde trasladouse a agrupación coral á casa do doutor Borrás na estrada da Armada, onde se izou a bandeira republicana e lle ofreceron unha recepción ás autoridades invitadas. Nos anos 50, 60 e 70 do século XX ao Pote achegábase xente de toda Galiza, na que chegou a configurarse como unha das principais romerías desta comunidade nos últimos tempos do franquismo. Os escritores Bieito Iglesias, César Cunqueiro e Manuel María foron algúns dos seus pregoeiros. |
| |
| A CONSTRUCCION MEDRA, A PESAR DA CRISE |
| 26/03/2005 |
A construcción en Fene medra, a pesar da crise. No ano 2004 concedéronse licencias para un total de 123 vivendas novas, fronte ás 92 do ano anterior. O crecemento é maior se cabe, que o que ofrece unha primeira lectura destes números, dado que no ano 2003 se aprobou o Plan Xeral de Ordenación Municipal, polo que se concederon moitas licencias paralisadas ata ese momento.
No ano 2003 concederonse licencias para 3 edificios de vivenda colectiva, que albergan 65 pisos. A eles hai que sumar 27 vivendas unifamiliares. Segundo o concelleiro de Urbanismo de Fene Francisco Allegue, a aprobación do Plan de Urbanismo, en febreiro do 2003, deu via libre a moitas licencias paralisadas ata ese momento. No 2004 a construcción segue en auxe, a pesar da crise do sector naval que afecta de maneira crucial ao conxunto de Ferrolterra. Neste último ano construironse 123 vivendas, 31 máis que o ano anterior. Tanto no 2003 como no 2004 obsérvase unha tendencia á alza na construcción unifamiliar. Trátase de vivendas de moita calidade e dun alto presuposto.
O auxe na construcción tivo unha repercusión positiva na Facenda municipal. Así no 2003 recaudouse pola taxa e o Imposto de Construccións case 180.000 euros. Os ingresos por ese conceito pasaron no 2004 a superar os 425.000 euros. As previsións da concellería de Facenda calculan recaudar no presente ano máis de 355.000 euros. As empresas adicadas á construcción e á promoción de edificios auguran a continuidade do bo momento do sector. Segundo sinalan, mentras os tipos de interese continuen en cifras que se situan entre o 4 e o 6% a xente seguirá mercando pisos. Na actualidade en Fene a vivenda nova vendese a un prezo medio de 900 euros o metro cadrado. No conxunto da provincia da Coruña ese prezo alcanza os 1821 euros, exactamente o doble. |
| |
| INTERNET SEN FIOS NAS ZONAS RURAIS DE FENE |
| 11/03/2005 |
Internet sen fios en Fene. Iso é o que pretende lograr un programa piloto que ven de anunciar a Deputación de A Coruña en colaboración co Concello de Fene. Nunha primeira fase seleccionaránse as zonas e fogares nos que se aplicará a experiencia. Trátase de facilitar a conexión a Internet sen a utilización da liña telefónica. Neste caso aplicaráse o sistema Wimax, máis avanzado que o Wi-Fi, dado que permite unha maior velocidade, máis ancho de banda, maior alcance e salva os obstáculos físicos e orográficos. De xeito simultáneo a Fene, tamén se impulsará a experiencia en Ames e en Miño. A empresa “R” gañou o concurso convocado pola Deputación e encargaráse de poñer en práctica o programa, segundo anunciou esta mañá o alcalde de Fene Xose María Rivera. |
| |
| OS XOVENES DEBIAN OCUPAR OS POSTOS DOS PREXUBILADOS |
| 10/03/2005 |
“A prexubilación sería positiva, se as prazas que deixamos se cubriran con novos traballadores”. Son palabras do concelleiro de Esquerda Unida na corporación de Fene, Manuel Sánchez, que vive en carne propia a experiencia como prexubilado de ENDESA.
O edil de EU afirma que as condicións sociais e económicas nas que se marchan para a casa os traballadores do sector naval maiores de 52 anos, semellan aceptabeis. Ata que se coñeza en detalle o acordo dos prexubilados de Izar Fene e Izar Ferrol non se poderán valorar polo miudo. Pero o mais importante é coñecer o futuro da comarca, o porvir dos que se quedan nos centros, o traballo que haberá para eles, para facer viabeis os estaleiros galegos. Os planteis redúcense en 1.400 empregos e non se prevé que esas prazas se vaian ocupar con xovenes. |
| |
| O PSOE DE FENE QUERE TRABALLO NO NAVAL |
| 03/03/2005 |
O PSOE de Fene quere para os estaleiros da localidade un acordo que garanta a súa viabilidade. A executiva local da súa formación solicitou unha entrevista co secretario xeral do PSdeG PSOE para traslarlle a súa preocupación polo futuro industrial de Ferrolterra. |
| |
|