AS FARAGULLAS DA CAMPAÑA. ELECCIONS 19 XUÑO.
AS FARAGULLAS DA CAMPAÑA. ELECCIONS 19 XUÑO.
O homicidio do farmaceútico Moreda. Agrarismo e galeguismo (1917)
Deportes
SANTIAGO DOMINGUEZ CO DEPORTE BASE
Enquisas
¿Consideras positiva a instalación dunha celulosa en Ferrolterra?
Si
Non
Depende
Resultados
As Foxas
LUAR NA LUBRE PRESENTA SAUDADE
Rock 18 Rodas
ANDRES DOBARRO: O BOB DYLAN GALEGO
Manuel María
A súa vida
O homicidio do farmaceútico Moreda. Agrarismo e galeguismo (1917)
09/05/2006
O espiritu cooperativo e o anticaciquismo semella que presidiron o funcionamento da Federación Agrícola Ferrol- Pontedeume formada por 12 entidades agrarias o 22 de maio de 1910. Ata a súa integración na Federación agraria na provincia da Coruña en 1923, desenvolveu unha intensa actividade en toda a comarca e promoveu unha linea política anticaciquil. Segundo se recollen nos estatutos conservados no Arquivo Histórico do Reino de Galicia na Coruña, formaron a Federación as asociacións Libertad y progreso de Serantes, La Emancipación de Narón, La Moralizadora de San Sadurniño, La Necesaria de Fene, Centro Solidario de Pontedeume, Unión Campesina de Cobas, a Sociedade de Oficios Rurais de Neda, a Sociedade Obreira de Ferrol ,as Sociedades de Carpinteiros e a de Canteiros de Mugardos e as Sociedades Agrícolas de Somozas, Ares-Caamouco, Cervás, A Capela, Mugardos, Monfero. Segundo os seus estatutos, a Federación perseguia o fomento económico do oficio labrador e a defensa anticaciquil da vida aldeana de Galicia . Engadese que polo tanto constituese baixo o ideal da solidaridade entre todos os labradores galegos . A Federación proponse en concreto facilitar as súas sociedades constitutivas, as compras en común de millo extranxeiro, evitando intermediarios e falsificacións, a de apeiros e maquinaria agrícola adecuada ás condicións do país, a celebración de concursos de gando, paradas de touros e verracos, as vendas en común de colleitas ou produccións, a criación de caixas rurais de aforro e préstamo, o ensino e ilustración agrícola, gandeira e industrial do campo, e en xeral as obras de fomento económico que as sociedades queiran emprender . Asimesmo sinálase como outra das finalidades da Federación promover candidatos propios en eleccións de deputados a Cortes e senadores . O domicilio social da Federación fíxase nos locais da Necesaria de Fene. O farmaceútico desta localidade D.Xenaro Moreda actuará como presidente en 1913 e como secretario en 1915. A aparición dunha persoa allea profisionalmente ao mundo do campo na dirección da Federación -e da sociedade agrarista de Fene La Necesaria, como veremos máis adiante- semella que responde ao desexo de intervención política dos membros da Solidaridad Gallega que dirixe o avogado Rodrigo Sanz. Ocorre aqui o mesmo que reflexa Anxel Rosende no seu estudo en torno ao agrarismo na comarca do Ortegal, cando sinala que non foi organizado e dirixido directa e exclusivamente por labregos . Pero conxuntamente coas arelas políticas, xa dos mesmos Estatutos da Federación desprendemos a determinación de acadar unha agricultura maís competitiva mediante a dotación de novos medios de producción, e a distribución de toda unha serie de melloras. A vocación societaria tamén abrangue á esfera da comercialización dos productos. Tal e como recolle o profesor Fernandez Prieto no seu estudo Labregos con ciencia , a aspiración de lograr unha renovación técnica na agricultura galega, xunto coa vontade comercializadora xogaron un papel esencial na propia definición do movemento agrarista . A Necesaria: predicar e dar trigo. Para analisar os efectos e o funcionamento do agrarismo na comarca máis alá das declaracións de intencións deteremonos no funcionamento da Necesaria de Fene, sociedade que actua como motor da Federación. A entidade constituiuse en agosto de 1907, ao abeiro da Lei de Sindicatos Agrícolas de 1906. No regulamento orixinario sinálase como obxectivo da mesma o melloramento moral, económico e intelectual dos asociados e a defensa dos intereses de toda especie que aos mesmos afecte . A mesma existencia da Sociedade A Necesaria en Fene supon o inicio do desartellamento do sistema caciquil, do clientelismo, como se desprende da denuncia formulada polo alcalde conservador D.Millán Neira diante do Goberno civil queixandose da actividade preelectoral dos agraristas que acusando á Necesaria de ser unha sociedade política de carácter solidario . Ademais da intervención política, presentando os seus propios candidatos ás eleccións municipais o que ocasionará unha cruenta batalla política e xudicial, a sociedade de Fene pon en práctica as medidas ao seu alcance para a mellora agrícola desexada nos estatutos. Así en 1913 a Necesaria crea unha sección de seguro das reses e ofrece para os animais unha persoa entendida en doenzas do gando e para os asociados os servicios dun médico. En 1918 A Necesaria adquirirá unha máquina de mallar para a utilización por parte dos seus socios. Ademais abrirá desde 1929 unha tenda de productos agrícolas e de alimentación, na que se ofrecen prezos máis baixos que no mercado. Nesta tenda podíanse adquirir productos como o aceite, azucar, arroz, cascarilla, chiculate, bacallau ou abonos. Funcionará ata 1936. A sociedade tamén coida o tempo de ocio dos viciños, e así organiza con certa frecuencia bailes e veladas teatrais. As melloras agrarias -entre as que se incluen a construcción do Mercado da localidade- e os servicios aos asociados non implican que a Necesaria renuncie á intervención política. Presenta os seus candidatos ás eleccións municipais e en 1913 consegue a elección de Don Jenaro Moreda. O farmaceutico non tomará posesión como concelleiro ata 1915 pola presentación de recursos xudiciais por parte das forzas conservadoras. Desde esa data o boticario interven nos Plenos nun amplo abano de cuestións e iniciativas que dalgún xeito ilustran en torno á variedade de obxectivos do agrarismo. Así Moreda solicita a instalación de barandas na construcción da estrada Perlío-Lavandeira, convoca unha asamblea dos viciños das Foxas para recompoñer o camiño, require aos donos dos establecimentos de bebidas para os vasos sexan lavados en auga limpa e corrente, e reclama a prohibición de dous actos que se ian celebrar á mesma hora nos locais da Necesaria, nun momento no que as opinións dos socios estaban divididas. En 1916 o concelleiro agrarista presenta distintas iniciativas e reclamacións contra o repartimento de consumos, contra o establecimento dos impostos. A importancia da prensa. Na actividade do agrarismo, semella contar cunha importancia fundamental a prensa, como medio de espallamento das suas ideas, e de adoctrinamento dos partidarios. Así ocorre no Concello de Fene onde se rexistran cabeceiras de cinco periodicos entre 1911 e 1917. O 2 de xullo de 1911 publicase o primeiro número de Fene solidario , quincenal que continuará aparecendo ata outubro de 1912 contandose un total de 32 números. A este periódico sucederá a revista Cultura Campesina que dirixida por Moreda se publica ata febreiro de 1917, cando o farmaceutico ingresa no cárcere. O Fene solidario , escrito na súa práctica totalidade en castelán, recolle tamén en galego as máximas do catecismo solidario. Así no número 16 de febreiro de 1912 sinálase ¿Que ven a sel-a Solidaridade? A xuntanza, a unión. Así como nas parroquias xúntanse tódos os viciños para lle facer a labor á pobre viuva cargada de familia, así deben de se xuntaren todos para o ben de todos. E asi como non preguntades, nin vos importa, se o que morreu era conservador, carlista ou liberal, se compria ou non co precepto e a axuda a facedes por caridade e porque foi voso viciño, asi para facela solidaridade non debedes de preguntar como pensan os que se asocian . O Fene solidario recolle denuncias anticaciquís sinalando que as forzas conservadoras rebaixan os seus impostos -os denominados consumos - mentras que aumentan considerablemente os dos que non se someten á vontade caciquil, os solidarios . O citado artigo -no número do 15 de febreiro de 1912- faise un chamamento para acudir a examinar o repartimento de consumos e de ser certas as desproporcións que se di existen, levantemos a fronte co brio propio dos que reclaman o que lles pertence . No número 17 o periódico de Solidaridad Gallega faise eco das denuncias polo atentado sofrido pola vivenda de D.Genaro Moreda, director do Fene Solidario . Segundo se recolle na primeira plana do rotativo, na mañá do 18 de xaneiro apareceron taladas todas as plantas do xardín da casa do boticario, embadurnando con pintura a fachada da vivenda, nun feito que os solidarios atribuien ás forzas caciquís. O periódico non se limita ao analise da actualidade local de Fene, senon que tamén recolle outros asuntos de interese para os agrarios da comarca. Así o 1 de xuño de 1912 reproduce un amplo artigo do abogado D.Rodrigo Sanz -extraido de El Liberal de Madrid- no que o presidente de Solidaridad Gallega denuncia detalladamente as irregularidades rexistradas nas eleccións municipais de 1909 en toda a comarca de Ferrol. Sanz titula o artigo El caciquismo en Galicia . O artigo do letrado reflexa a todas luces o carácter simbiótico do campesinado na comarca de Ferrol, xa que recolle o trunfo dos agraristas de Narón nas eleccións dese ano donde obtiveron nove dos quince postos do seu Concello e indica que ao pouco tempo ante a presión do caciquismo dous dos concelleiros agraristas tiveron que deixar o seu posto xa que optaron polo seu traballo na Constructora Naval de Ferrol, cando houberon de elexir entre este traballo e os traballos anticaciquís . A pesar do verbo incendiario empregado contra o caciquismo da localidade, Moreda condena enerxicamente no periódico o atentado contra o xefe de goberno Canalejas. Tildao de criminal atentado e afirma que une o seu sentimento ao que hoxe embarga a todo bo español . Nas páxinas do Fene Solidario colaboran tamén persoas que logo exercerán labores de dirección no socialismo de Ferrol e da Coruña. Así se reproducen conferencias pronunciadas en Fene polo mestre Garcia Niebla e asina artigos Manuel Montero, viciño de Fene que en 1931 presidirá o PSOE da Coruña. Outros periódicos tamén dan pistas acerca da actuación dos galeguistas. Así El Látigo de 1911 censura abertamente a utilización do galego nunha comparsa dirixida por Genaro Moreda indicando textualmente La gallegada de su comparsa, ni es gallegada, ni está escrito en nuestro dialecto, ni tiene sentido común. (...) ¿Cuando se convencerá V. que ha nacido para todo, menos para escribir en gallego? O homicidio do farmaceútico. Producto do axitado clima político de Fene, o 17 de febreiro de 1917 o farmaceútico Don Jenaro Moreda comete un homicidio causandolle a morte ao mestre Agustín de Burgos. Nesa xornada iase representar no Salón de Severa un apropósito carnavalesco no que se ridiculizaba a figura do boticario. Moreda personouse no teatro e armouse unha refrega da que saiu sen vida o autor da obra teatral. A Garda Civil detivo ao farmaceútico quen foi condenado por homicidio, ainda que o xuiz aplicou como atenuante o caracter mortificante da obra que se ia representar. Despois do homicidio e da súa estancia no cárcere, Don Xenaro Moreda trasladaráse á Coruña donde rexentará a farmacia da Rua Castiñeiras de abaixo, número 6 desde 1922 ata o seu falecemento en xullo de 1935. Entre os anos 1930 e 1935 Moreda ocupará en distintas etapas os cargos de secretario e tesoureiro da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Farmaceúticos da provincia de A Coruña. A súa viuva D. Andrea Rios Veiga continuará como titular da farmacia ata abril de 1949. Agrarismo e galeguismo. Segundo o profesor Xusto Gonzalez Beramendi, Xenaro Moreda figura como asociado da Irmandade da Fala da Coruña desde os inicios desta entidade en 1916. A raiz do homicidio de Moreda, o semanario das Irmandades da Fala A Nosa Terra inicia unha campaña de apoio ao farmaceutico de Fene, xustificando incluso o crime cometido. Así no periódico do 26 de febreiro de 1917 indícase textualmente En Fene, un home loitador, d´alma temprada, soupo que iba representárese un apropósito carnavalesco no que se ll´aldraxaba gravemente (...) N´un medio no que o caciquismo lava todal-as manchas e absolve de todal-as culpas, son percisos carauteres e decisións coma os do Sr.Moreda. Hai necesidá de tomal-a xusticia pol-a mán onde a xusticia tennas atadas . A Nosa Terra sinala que o seu artigo é unha reproducción do publicado por Xaime Solá en La Concordia de Vigo o dia 20 dese mesmo mes e titulado nada máis e nada menos que Homicidio necesario . No periódico galeguista do 10 de abril vaise máis alá e sinálase que Os amigos da Fala témol-a obriga d´emprestarlle tod´o noso apoyo moral ó señor Moureda, vítima da fonda doenza caciquil, que abafa Galicia . Non rematan ahí as referencias na Nosa Terra ao dirixente agrarista de Fene. Despois da súa saida do cárcere, o periódico recolle a súa intervención como orador nun xantar de homenaxe a Lois Peña Novo, compartindo atril con Cabanillas, Bermudez e Vilar Ponte (ANT, 25 de xullo de 1920). En calquera caso a existencia das sociedades agraristas, a mesma configuración da Federación agrícola Ferrol Pontedeume, a incesante actividade dos seus integrantes, semella que dan conta dunha vitalidade asociativa insólita no conxunto de Galicia. Henrique Sanfiz Raposo
 
Artigos Anteriores
 Radio Fene. 2003.  todos os dereitos Reservados