| "Tal como éramos" un traballo para a lembranza dos Zares |
| 09/01/2007 |
| "Tal como éramos". Chámase así o album de Los Zares, unha das orquestras que animou Ferrolterra nos anos 60 e 70 e que agora volven aos cenarios. Amosan o enorme poder de evocación, suxerencia e imaxinación da música. As súas cancións retrotraen aos tempos da xuventude aos maiores, pero de xeito sorprendente, tamén fan mover o esquelete aos máis novos. "Con un sorbito de champán", "Mañanas de terciopelo" ou "Popotitos" son algúns dos 17 temas incluidos neste CD que ven de sair ao mercado. Los Zares reapareceron de xeito oficial o 5 de decembro do 2005 na Sociedade Agarimo de Sillobre (Fene A Coruña). Agora irrumpen con forza no mercado discográfico. |
| |
| O dia 14, nova homenaxe a Francisco Allegue |
| 05/09/2006 |
| O xoves dia 14 terá lugar no Parque Castelao de Fene unha nova homenaxe ao concelleiro falecido hai un ano Francisco Allegue. Nesta ocasión o movemento asociativo descubrirá unha placa lembrando ao edil do BNG. Ademais das entidades de Fene, sumouse ao acto a Unidade Veciñal Olmo de Pontedeume, asociación dunha barriada de traballadores de Astano, da que Allegue era membro fundador. |
| |
| Effecto Faltriqueira: frescura e orixinalidade |
| 12/06/2006 |
Unha sorprendente orixinalidade presidiu o acto de presentación do disco Effecto Faltriqueira celebrado o pasado sábado 10 de xuño na Cantina do Atallo, no Concello de Cabanas. Ana, Carolina, Maria e Teresa presentaron a amigos e familiares o seu novo traballo, inundando de frescura o regato da música tradicional. O alcalde de Pontedeume Belarmino Freire, o tenente de alcalde Manuel Rei, o coordenador musical da Radio Galega Xose Luis Freire, o productor audiovisual Anxo Fernández foron algúns dos que gozaron e aplaudiron as pezas do grupo eumés. Cun toque madrigalista, reinterpretan, recuperan e rexuvenecen temas de Fuxan os Ventos, de Andrés Dobarro e do mesmisimo Victor Jara. Ao pé da igrexa de San Andrés de Cabanas, perto do Pazo dos Rioboo -onde o naturalista Victor López Seoane xuntou a finais do século XIX unha das máis completas coleccións de insectos e volvoretas do mundo- resoaron con valentía as voces das "faltris", un proxecto ao que se lle presenta un futuro moi esperanzador. |
| |
| Morre en Paris Cheikha Rimiti |
| 16/05/2006 |
16 de maio do 2006 A música alxeriana Cheikha Rimiti faleceu onte en París ós 83 anos, vítima dun infarto de miocardio. Nos anos 50 foi unha das primeiras mulleres dos paises árabes que se atreveu a cantar sobre o status da muller, o amor ou o pracer carnal. A “nai do raï” lanzou o seu último disco, N´ta Goudami, en novembro do 2005. A música árabe, en xeral as músicas do mundo, vístense de loito.
La Música Árabe Por Álvaro Martínez León La Música Folklórica El Raï Nacido en Argelia, esta es la música árabe que actualmente tiene más proyección en Occidente y norte de África. El término significa opinión, y tiene una orientación reivindicativa contra la represión moral de la dictadura de y las injusticias sociales de este país. Algunos de estos artistas han sido encarcelados e incluso asesinados, como Cheb Hasni, y otros viven en el exilio como Cheb Khaled o Cheb Mami. El origen del raï se encuentra en la música que realizaban los cheikhs en el cambio del siglo XIX al XX en las áreas costeras de Argelia, mezclando la tradición clásica árabe con los potentes ritmos bereberes. En un principio esta música sólo buscaba divertir al público y era apolítica, a excepción de Hamada, que fue ejecutada por las críticas que hacía a los gobernantes franceses del momento. Durante las primeras décadas del S. XX, buena parte de la población de Argelia emigró a las ciudades, creándose suburbios pobres que pronto comenzaron a reivindicar mejoras sociales. En los alrededores del puerto de la ciudad de Orán surgieron las cheikhas, mujeres ( prostitutas en su mayoría ) que tomaban la tradicion musical de los cheikhs para ponerles letras que criticaban abiertamente a la clase social dominadora, empleando el argot propio de la ciudad en vez de la elaborada poesía de sus colegas. La más conocida de estas mujeres, exótica y sensual en su juventud, era Cheikha Rimiti, que realizó su primera grabación en 1936. Esta mujer es una leyenda viva que todavía hoy sigue actuando en público y que ha hecho colaboraciones con músicos occidentales tales como Flea, de Red Hot Chili Peppers.
www.alarde.com |
| |
| MIKE OLDFIELD: UN LUXO PARA COLECCIONISTAS |
| 17/03/2006 |
| Toda a carreira de Mike Oldfield nun só volume. Esa é a oferta que nos presenta a colección Platinum de EMI music. Por vez primeira, e baixo unha impactante portada, recollense nun só volume todas as estapas da carreira de Oldfield. As grandes obras sinfónicas dos anos 70, os megaéxitos dos anos 80 e a súa última etapa de superestrela consagrada. Preséntanse nun único "pack" tres CDs que se van convertir en autentico obxecto de culto para os coleccionistas. Máis información en www.mikeoldfield.com |
| |
| A MUSICA CONMOVEDORA DE DANIEL TAUBKIN |
| 13/01/2006 |
Daniel Taubkin creou unha música na que achamos as pegadas de Tom Jobim e dos ritmos folclóricos, mesmo indíxenas -hai até unha canción cantada en guaraní-, que alimentan un disco verdadeiramente agradável, un exemplo de Música Popular Brasileira moderna e elegante no que sobresaen cancións como Chuva de manga, João (adicada a un dos pais fundadores da música do Brasil, João Gilberto) ou Brilho, ademais desa colaboración de luxo que é a do xa citado Thiago de Mello.
Uma beleza estranha é simplesmente unha maravilha, unha desas obras que convidan a un a deixarse levar, mecido pola beleza do seu son refinado e suave; a perfeita demostración de que menos é mais, de que reducindo ao mínimo os recursos expresivos, xogando cos silencios e coas pausas, podemos obter resultados espectacularmente conmovedores.
Comentario extraido de http://pawley.blogalia.com/
Os discos de Daniel Taubkin pódense adquirir en
www.tratore.com.br |
| |
| JOHN LENNON, IN MEMORIAM |
| 07/12/2005 |
A morte de John Lennon o 8 de decembro de 1980 marcou o fin dun mundo e o comezo doutro. Lennon era o máis visceral e innovador dos Beatles. Despois de separarse o grupo de Liverpool, mantivo a súa actitude contestataria e comprometida. Por iso, para moitos, o asesinato do músico representou un punto de inflexión entre o pasado e o futuro, un pasado rico cheo de sensacións e de música, e un futuro pouco claro, dominado pola incertidume. O rock convertiuse nunha gran máquina na que o artista ten dificil elaborar a música que desexa.
John Winston Lennon naceu o 9 de outubro de 1940 en Liverpool, durante un bombardeo de castigo da aviación nazi. Sendo novo, os seus pais separáronse. El quedou ao coidado da nai, pero durante grandes temporadas viviu cuns tios. Cando John tiña dezasete anos, a súa nai morreu nun accidente de tráfico. Lennon adicoulle dez anos despois a fermosa balada chamada “Mother”. Lennon, xunto con outros tres rapaces de Liverpool, formou un grupo que rescataba o rock do pasado. Lograron o milagre de unificar ao mundo enteiro en torno ao fenómeno da música. O 5 de outubro de 1962, os Beatles editaron o seu primeiro disco, un single coas cancións “PSI love you” e “Love me do”. Esa data considerase a do nacemento da chamada Década Prodixiosa, os felices anos sesenta. Lennon participou en 1967, cos restantes Beatles, no nacemento do conceito de album. Con “Sargents Pepper” os de Liverpool superan a idea da canción solta, do single. Os grandes criadores traballarán dende aquela en obras completas, en albumes, máis alá de temas que poidan utilizarse para o consumo e o éxito en listas comerciais. “Sargents Pepper” considérase o mellor disco dos anos sesenta. En 1970 disólvense os Beatles. Lennon inicia a súa carreira en solitario, comprometendose a exteriorizar as súas propias ideas. Froito dese traballo creativo, sae á luz, un soño dun mundo mellor “Imagine”. De xeito conxunto, coa súa compañeira Yoko Ono, saen ao mercado unha triloxia de LPs. Wedding album, Life with the lions e Two virgin son experimentos conceptuais. Lennon comprométese nunha serie de actividades pacifistas e canta “Give peace a chance”, o primeiro éxito dun beatle fora do grupo. En 1973 John sepárase de Yoko Ono durante quince meses. Vaise a California, onde alternará o consumo de alcohol e drogas coa producción dos discos “Mind Games” e “Walls and bridges”. Inclue éxitos como “Whatever gets you through the night” Cando Lennon volve vivir con Yoko Ono, adícase á vida do fogar durante cinco anos. Delega todos os asuntos de negocios na súa muller, e retirase temporalmente do mundo da música. En 1980 volve entregar ao público, dous discos repletos de novo material. Co disco “Double fantasy” e co tema “woman” logra situarse nos Arredor das once da noite do 8 de decembro de 1980, un tolo remata coa vida de John Lennon dándolle cinco disparos, cando John saia do edificio Dakota de Nova Iork. Os seus seguidores, sorprendidos, concéntranse no lugar dende a media noite. A figura de John Lennon mantense viva polo seu extenso legado musical. Tamén pola súa característica persoalidade. Aportou unha cuota de poesia, intelixencia e ironia ás tradicionais rebeldia e xuventude que ata entón caracterizaron ao rock and roll. Os seus numerosos seguidores convertíronno xa nun deus da modernidade. Un tolo acabou coa súa vida o 8 de decembro de 1980. |
| |
| LUAR NA LUBRE, OS MELLORES DO MUNDO |
| 08/11/2005 |
| Luar na Lubre era a mellor banda de música celta do mundo, segundo aseguraba Mike Olfield en 1999. Agora o escritor Manuel Rivas afirma que LNL é un grupo internacional que sempre ollou cara adiante.Con seis Premios da Música, dous discos de ouro e máis de 600 concertos en xiras por Europa, América e Asia dándolles forza. En "SAUDADE" o seu último disco, resoa a voz lisboeta de Sara Vidal, traducción nítida do seu mapa emocional, feito de afectos e vontades solidarias, de terra, emoción e soños nos círculos dos seus cantos. |
| |
| LUIS GAGO: "AL SUR DE TU OMBLIGO" PERSOAL E INTRANSFERIBLE |
| 27/09/2005 |
| Luis Gago. Persoal e intransferible. Este músico natural da Coruña ven de presentar o seu segundo traballo discográfico denominado “Al sur de tu ombligo”. Bebe de estilos tan dispares como o rock, o pop, o jazz, o blues ou as rancheiras. Mistura textos duros, poéticos, sensuais e canallas. Segundo as súas palabras, no disco fala das relacións de parella, do amor, do sexo. Todo iso dende diferentes perspectivas, xa que o amor ten duas caras, e non sería xusto falar só dunha delas. Luis Gago reside entre A Coruña e Madrid e está satisfeito do traballo realizado con este disco. “Al sur de tu ombligo”. |
| |
| CANOVAS, RODRIGO E GUZMAN TRUNFARON EN LIMODRE |
| 17/08/2005 |
| 12 de agosto do 2005. Felipop en Limodre (Fene- A Coruña). Cánovas coa súa melena prateada e ollos de mirada penetrante. Rodrigo cun bandullo que reflexa bonhomía. Guzmán co sorriso de picardía. Soben ao escenario do festival de música independente que leva anos artellando Luis Iñiguez e os rapaces da asociación Felicia. A metade dos asistentes atende con fruición ao escenario e tararea as cancións coñecidas da música irónica do cuarteto. A outra metade soporta con despreocupación a música dos anos setenta, e co seu balbordo provoca incluso as protestas de Cánovas. Pero ao remate o cuarteto (feito trio pola ausencia forzosa de Adolfo) faise co público e logra un concerto histórico que quedará na memoria da maioria dos asistentes |
| |
| ENVOLTORIO ELEGANTE E POP DE XAVIER DIAZ EN "MUSICAS DE SALITRE" |
| 13/06/2005 |
| Xavier Diaz viviu a súa adolescencia en Fene (A Coruña). Por iso respirou o ar da bocana da ria de Ferrol que se achega ás vivendas de San Valentín no solpor, cando sopla do Suroeste. Tamén oiu o son das chapas dos barcos ao caer no taller de bloques planos de Astano. A mistura de melancolía, de saudade e de rebeldia rezuma no seu disco "Músicas de salitre", un traballo que non se podería encadrar nun pop galego de novo cuño, nen tampouco no folk elegante ou no jazz amoroso do noroeste. |
| |
| O SON SORPRENDENTE DE LIORNA |
| 07/06/2005 |
| E pouco habitual unha mistura de estilos como a que nos propón Liorna no seu traballo "Ruido branco". Nos tempos da fusión e da mestizaxe, este grupo de Marín (Pontevedra) sorprende con ingredentes que lembran ao folk, ao tradicional, ao jazz e incluso a certo pop comercial. 14 temas propios integran este album que se presentará en directo o 17 de xuño en Tetuán, o 24 do mesmo mes no Bar Liceum de Porriño, o 6 de agosto en Sarria e o 15 de outubro en Barcelona. |
| |
| VENDEN ENTRADAS PARA O CONCERTO DE U2 DE BARCELONA |
| 03/06/2005 |
O vindeiro luns 6 de xuño poñeránse á venda 4.400 entradas para o concerto de U2 que terá lugar o 7 de agosto no Camp Nou de Barcelona. Estas 4.400 entradas foron devoltas polo F.C.Barcelona do cupo das 15.000 entradas que foron reservadas no seu dia para cubrir as necesidades dos socios do club de fútbol. Nesta ocasión as entradas venderánse exclusivamente por un sistema de venda automatizada por teléfono a través do número 902 150025. Como en calquera sistema de venda telefónica, para realizar a compra será necesario dispoñer dunha tarxeta de crédito VISA, Mastercard ou Eurocard. Só se poderán adquirir un máximo de 2 entradas por persoa. Os prezos das entradas ascenden a 66,5 euros e 51,5 euros para asento en gradas e de 51,5 euros para a localidade de pista. Non se venderán entradas nos puntos de venda habituais nen por Internet. A venda iniciaráse puntualmente ás 5 da tarde do luns dia 6 de xuño. A organización do concerto advirte que non se realizarán vendas nen reservas antes desa hora. |
| |
| TOÑITO DE POI LIDERA UN NOVO PROXECTO MUSICAL |
| 27/05/2005 |
| Os de Caranza son duros como pedras, dicia unha canción dos Herdeiros da Crus, canción composta despois de recibir o seu cantante un pelourazo, nunha actuación no barrio ferrolán. O lider dos Herdeiros da Crus durante doce anos foi Toñito de Poi, músico tamén coñecido polas suas aparicións televisivas en programas como “Con perdón” ou en series como “Rias Baixas”. Agora, Toñito lidera un quintento de experimentados músicos galegos e portugueses. Baixo o nome de “A banda de poi” veñen de lanzar o disco “O pirata”, adianto do seu primeiro album. A filosofia da banda, consiste na loita contra os abusos do poder, con eixos musicais no rock, na tradición e na electrónica. O son do século XXI que nace da irmandade entre Galicia e Portugal. A banda de Poi. O pirata. Vai dar moito que falar. |
| |
| A HISTORIA DA SÉTIMA LEGIÂO DO 1983 AO 2003. |
| 03/05/2005 |
| ¿Pop? ¿Tradicional? Tal vez un pouco de ambalas duas. A música de Setima Legiao sempre foi dificil de definir. Atopamos cancións marcadamente pop, mesturadas con temas instrumentais que teñen máis que ver co repertorio tradicional. A esta combinación de estilos hai que engadir o amor que algúns membros da banda amosan por instrumentos tradicionais como a gaita de foles portuguesa de Paulo Marinho ou o acordeón de Gabriel Gomes. A compañia discográfica Resistencia presenta para o mercado español unha selección dos temas máis representativos da banda portuguesa, extraidos de dous discos publicados no 2000 e no 2003. Sétima Legiao recolle o nome do corpo militar enviado polos romanos a Lusitania. Rodrigo Leao no baixo, Pedro Oliveira na voz e guitarra e Nuno Cruz na bateria xuntáronse para formar esta banda en 1982. O grupo actuou como unha verdadeira incubadora de talento na década dos oitenta. Sétima Legiao, agora un recopilatorio da man de Resistencia. |
| |
| CHRISTIAN ESCUREDO PRESENTA ESTE VENRES NO MILLADOIRO A SUA XIRA 2005 |
| 27/04/2005 |
| Christian Escuredo presenta este venres cun concerto no Milladoiro (Santiago de Compostela) a súa xira 2005. Christian naceu no Barco de Valdeorras ainda que a súa formación musical a desenvolveu en Valladolid. Despois de trunfar no Festival da canción do landro en Viveiro, no certame de Ordes e no Luar da TVG, publicou o seu primeiro disco titulado “Inesperadamente”. Inclue cancións en galego e en castelán, temas de amor e desamor, baladas e cancións románticas. Christian Escuredo presenta mañá en Santiago, no Milladoiro a súa xira 2005. |
| |
| FANGORIA PRESENTA "ARQUITECTURA EFIMERA" NA CORUÑA |
| 27/04/2005 |
| Fangoria actua este venres no Playa Club da Coruña. Alaska e Nacho Canut realizan unha serie de concertos neste mes de abril para celebrar os 15 anos de existencia de Fangoria. Presentarán o seu último traballo denominado “Arquitectura efímera”. Cancións que pertencen á categoria do pop máis efectivo. Expresan contradiccións e van cargadas de lóxica. La Prohibida e Nancys Rubias acompañarán ás doce da noite deste venres a Fangoria no Playa Club da Coruña. As entradas anticipadas vendense a 17 euros en Discos Nonis e Portobello. En taquilla custarán 20 euros. Fangoria este venres no Playa Club da Coruña. |
| |
| CANOVAS, RODRIGO E GUZMAN ACTUARAN NO FELIPOP EN AGOSTO |
| 25/04/2005 |
| Canovas, Rodrigo y Guzman actuarán no marco do Felipop, neste festival independente de Limodre (Fene- A Coruña) o venres 12 de agosto. Ese dia tamén subirán ao escenario Scarlet´s Well de Londres, Púlsar de Toledo e The Mittens de Madrid. Xa o ´sabado 13 de agosto tocarán no FELIPOP Bublegum de Xixón, Fortune Tellers de Madrid, La Costa Brava de Zaragoza, Sweet aple pie de Toulouse e Super Ratones de Bós Aires. Xa que logo, xa está completo o cartel do Felipop deste ano. A organización anuncia que en breve incluirá máis información na páxina web felipop.com |
| |
| A GAITEIRA SUSANA SEIVANE ESTREA PAXINA WEB |
| 22/04/2005 |
| A gaiteira Susana Seivane estrea páxina web no sitio www.susanaseivane.com Ademais da biografia e discografia, na páxina pódese consultar un listado dos seus próximos concertos. Tamén o reflexo na prensa da súa participación exitosa no Festival Intercéltico de Portugal ao longo da primeira quincena de abril. O seu concerto máis inmediato será o sábado da vindeira semana, 30 de abril. Susana participará no Festival presentación de homenaxe a Moxenas. O sábado ás oito e media da tarde no Teatro Caixa Nova en Vigo. Susana Seivane en concerto. |
| |
| CANTIGALIA: PROXECTO CONXUNTO DE DOA E ROSA CEDRON |
| 19/04/2005 |
| Cantigalia. Chámase así o proxecto conxunto que pasado mañá xoves presentan na Coruña Doa e Rosa Cedrón. A experiencia de Doa aporta equilibrio entre as melodias medievais e a contemporaneidade. Doutra banda, a voz máis elegante que deu a nosa música. Rosa Cedrón envolve Cantigalia de matices coloristas, máxicas pinceladas cun canto sincero, transparente e seductor. Rosa Cedrón e Doa. Doa e Rosa Cedrón. O proxecto conxunto chámase Cantigalia. |
| |
| ROSA CEDRON ESTREA PAXINA WEB E MEDITA O FUTURO |
| 18/04/2005 |
| A exvocalista de Luar na Lubre Rosa Cedrón ven de estrear páxina web na dirección www.rosacedron.com. Acompañada dunha ampla reportaxe fotográfica, Rosa explica a súa decisión adoptada no pasado mes de xaneiro, de abandonar a formación folc despois de nove anos. Emprende un camiño como música en solitario e estuda varios proxectos neste momento. |
| |
| LA FUGA E CARLOS ANN LIDERAN LISTA |
| 12/04/2005 |
Interprete Disco Tema La Fuga Negociando gasolina Baja por diversión Carlos Ann Descarado Hada Tahis Si tienes fe Si tienes fe Deluxe Los jovenes,... Los jovenes, ... Revolver Mestizo Es mejor caminar Lamatumbá Lume Reggae dos mariñeiros Miguel Bosé May day May day Nacho Campillo Como pica el sol Como pica el sol Charlie Cruz Como nunca Ven, devórame, ... Pastora Soler Pastora Soler Solo tú El sueño de Morfeo El sueño de Morfeo Nunca volverá Habana blues B.S.O. Habana Blues Cansado |
| |
| TAHIS E DELUXE COMPARTEN PRIMEIROS POSTOS |
| 05/04/2005 |
Interprete Disco Tema Tahis Si tienes fe Si tienes fe Deluxe Los jovenes,... Los jovenes, ... Revolver Mestizo Es mejor caminar Lamatumbá Lume Reggae dos mariñeiros Miguel Bosé May day May day Nacho Campillo Como pica el sol Como pica el sol Charlie Cruz Como nunca Ven, devórame, ... Pastora Soler Pastora Soler Solo tú El sueño de Morfeo El sueño de Morfeo Nunca volverá Habana blues B.S.O. Habana Blues Cansado |
| |
| U2 IINTERPRETA GLORIA NA SEGUNDA ACTUACION EN SAN DIEGO |
| 31/03/2005 |
| U2 interpretou "Gloria" e "With or without you" como novidades no segundo concerto da xira Vértigo 2005, con respecto ao setlist escollido o pasado luns na mesma cidade californiana. A banda de Bono volveu encher o Sports Arena e convenceron a un público entregado dende o inicio. A crítica especializada coincide en sinalar que os irlandeses perfeccionaron arte e oficio con respecto a anteriores xiras. Levan camiño de convertirse de xeito indiscutible na mellor banda do rock contemporáneo. Esta madrugada (hora española) interpretaron 22 temas, en pouco máis de 115 minutos que souberon a pouco aos espectadores. |
| |
| U 2 ANUNCIA ACTUACION EN MEXICO |
| 30/03/2005 |
| U 2 ofrece esta noite o seu segundo concerto da xira Vértigo 2005. Volverán ao escenario do Sports Arena de San Diego e de novo encherán ese recinto con uns 13.000 espectadores, entre eles, moitos procedentes de México. Precisamente na súa primeira actuación do pasado luns, Bono saudou especialmente aos numerosos mexicanos que se atopaban entre o público, prometendo para o 2006 incluir ao pais azteca na súa xira. Na prensa especializada aparecen numerosos comentarios laudatorios do espectáculo ofrecido por U 2 o pasado luns. Salientan que a banda misturou temas tradicionais cos do último album, e louban a posta en escena lograda. |
| |
| U2 ABRE VERTIGO 2005 CON "CITY OF BLINDING LIGHTS" |
| 29/03/2005 |
| U2 abreu o seu concerto inicial da xira "Vértigo 2005" con "City of blinding lights". A actuación desenvolveuse esta madrugada (hora española) en San Diego en California. A banda de Bono intercalou a súa presencia no escenario coa proxección dun video sobre os dereitos humanos. Para despedirse tocaron "40". A axencia Reuters indica que a estas alturas U2 xa vendeu 2,2 millóns de entradas para os seus concertos de "Vértigo 2005". Levan recaudados 185 millóns de dólares, e esperan xuntar ao remate das actuacións perto de 300 millóns. En agosto actuarán en Madrid, Barcelona, San Sebastián e Lisboa. As entradas para os catro concertos están xa agotadas e só se poden conseguir en Internet na revenda. Máis información sobre U2 e a súa xira na páxina web www.u2eastlink.com. Máis información sobre o concerto de U2 en LISTAS ANTERIORES |
| |
| U 2 INICIA "VERTIGO 2005" EN SAN DIEGO |
| 28/03/2005 |
A interpretación de U2 do tema “Sunday bloody sunday” transmitiu a súa paixón a un público mundial. Afirman na letra da canción: “e a batalla ven de comezar, moitos perderon, pero dime: quen gañou?”. Trátase dun tema en protesta contra a violencia en Irlanda. Fai referencia ao domingo sanguiñolento acontecido na cidade de Derry o 30 de xaneiro de 1972, cando soldados ingleses atacaron unha manifestación pacífica. 13 civís morreron e todos eles estaban desarmados. En “Atchung baby”, a banda de Bono mistura elementos de música electrónica, altera voces e enlata guitarras nos seus temas. Este é o traballo máis ecléctico de U2, con el volven experimentar a introducen novos sons e texturas. Publican “Atchung baby” en 1991. A xira de U2 do 2005 chámase Vértigo, o mesmo nome dun dos temas incluidos no album “How to dismantle an atomic bomb”. A posta é venda das entradas para os concertos de Vértigo 2005 puxo de manifesto que U2 é xa un fenómeno de masas. En outubro de 1988 U 2 lanzou Rattle and hum, un album doble con temas en directo sesións de estudo e material novo como “Angel of Harlem”, “when love comes to town” ou “All i want is you”. Todo o que eu quero es ti. En 1997 U 2 publica “Pop” un album que segue de preto unha liña de experimentación sónica. O concepto do disco e da súa xira de lanzamento é unha sátira á sociedade de consumo, a todo o que é desbotable e efímero. As características deste espectáculo superaron a todo o que se fixera ata daquela. Transportaron arredor do mundo un arco dourado de 30 metros, un limon xigante de 12 metros, unha oliva monstruosa e a pantalla de tv máis grande do planeta. Co sorprendente do seu son, o recto das súas actitudes, o atrevido dos seus experimentos musicais, e o interesante do seu discurso socio político, U 2 convertiuse no gran referente musical de varias xeneracións. Ademáis é unha das bandas máis grandes do rock contemporáneo. Bono naceu o 10 de maio de 1960, só uns dias despois do accidente do avion espia U2. O seu verdadeiro nome é Paul Hewson. Bono vox, en latín quer dicir boa voz. Bono vox foi o seu alcume inicial, pero logo quedou reducido a Bono. O gran carisma e a educada voz da súa figura principal son dous dos factores que influron no éxito de U 2. En 1984 U2 comezou a traballar nun antigo castelo sitado as aforas de Dublín, o album resultante, “The unforgettable fire” foi lanzado en outubro dese ano. O tema “Pride, in the name of love” convertiuse no maior éxito de U 2. U2 participou nas bandas sonoras de diferentes películas. Así no 1999 compoñen “I still haven´t found what I´m looking for” (Ainda non atopei o que busco) para a película de Julia Roberts e Richard Gere “Runaway bride”. En marzo do 2000 U2 publica a banda sonora da película “The million dollar hotel. Ahí deixan entrever o novo rumbo do grupo. Tamén nese mesmo ano participan na música de Tomb raider. Compoñen e interpretan o tema Elevation. U2 formouse en 1978 polo bateria Larry Mullen, cando él, Adam Clayton, The Edge e Bono eran ainda estudiantes. Os adolescentes U “ empezaron a tocar e se fixeron un nome en Dublin. Un ano despois grabaron un LP con tres temas titulado “U 2 3”. Os tres primeiros albumes foron Boy no ano 1980, October no 1981 e War en 1983. Este último disco deu a U 2 o seu primeiro número un no Reino Unido. Na segunda metade da década dos oitenta entran no mercado dos Estados Unidos. Dende aquela, U2 encadena éxito con éxito. Eles mesmos recoñecen que é normal conectar coa xuventude aos 20 anos, pero o raro é continuar facendoo despois dos 40. |
| |
| LIMONES E DON OMAR ENTRAN CON FORZA |
| 14/03/2005 |
1. Vargas blues band. How verso are you? 2. Carmen Paris. Cuerpo triste. 3. K´maro. Femme like u. 4.La Tana. Tú, ven a mi. 5.Limones. Ferrol. 6.Don Omar. Loba. 7.Xabi SanSebastian. Maritxu. 8.Madredeus. Faluas do Tejo. 9.U 2. Sometimes you can´t,… 10.Quempallou. Xan.
Fene, 14 de marzo do 2005. Radio Fene Casa do Concello 15500 FENE (A CORUÑA) Tfno. 981 492773 |
| |
| LA TANA ENCABEZA LISTA CON "TU, VEN A MI" |
| 07/03/2005 |
1.La Tana. Tú, ven a mi. 2.Iván Ferreiro. Túrnedo. 3.Lucas Masciano. Al diablo con todo. 4.Xabi SanSebastian. Maritxu. 5.Madredeus. Faluas do Tejo. 6.U 2. Sometimes you can´t,… 7.Quempallou. Xan. 8.39 grados. 39 grados. 9.Juanes. Volverte a ver. 10.Dulce Pontes. O primeiro canto. 11.Hoobastank. Dissappear. 12.Tennessee. El regreso. 13.Susana Seivane. Doce dias.
7 de marzo do 2005. RADIO FENE Casa do Concello 15500 FENE (A CORUÑA) Tfno. 981 492775 |
| |
| Ivan Ferreiro presenta album en solitario |
| 01/03/2005 |
Iván Ferreiro. Túrnedo. Lucas Masciano. Al diablo con todo. Xabi SanSebastian. Maritxu. Madredeus. Faluas do Tejo. U 2. Sometimes you can´t,… Quempallou. Xan. 39 grados. 39 grados. Juanes. Volverte a ver. Hoobastank. Dissappear. Susana Seivane. Doce dias. Andy & Lucas. Hasta los huesos. |
| |
| Santa Justa Klan vai "a toda mecha" |
| 22/02/2005 |
Santa Justa Klan. A toda mecha. Lucas Masciano. Al diablo con todo. Maria Jimenez. De un mundo raro. Xabi SanSebastian. Maritxu. Madredeus. Faluas do Tejo. U 2. How to dismantle an atomic bomb. Quempallou. Xan. Juanes. Volverte a ver. Hoobastank. Dissappear. Susana Seivane. Doce dias. Carlinhos Brown. Sambadream. Son de seu. Mar de Vigo. |
| |
| LUCAS MASCIANO E XAVI SANSEBASTIAN COMPARTEN LIDERATO |
| 14/02/2005 |
Lucas Masciano. Al diablo con todo. Xabi SanSebastian. Maritxu. Madredeus. Faluas do Tejo. U 2. Sometimes you can´t,… Quempallou. Xan. Juanes. Volverte a ver. Hoobastank. Dissappear. Susana Seivane. Doce dias. Andy & Lucas. Hasta los huesos. Son de seu. Mar de Vigo. |
| |
| MADREDEUS NAVEGA NAS "FALUAS DO TEJO" |
| 03/02/2005 |
Madredeus. Faluas do Tejo. U 2. Sometimes you can´t,… Quempallou. Xan. Hoobastank. Dissappear. Susana Seivane. Doce dias. Son de seu. Mar de Vigo. David de Maria. Barcos de papel. Pedro Guerra. El circo de la realidad. Luis Miguel. Que seas feliz Tina Turner. Open arms. |
| |
| JARABE DE PALO ENTRA FORTE CON "DICEN" |
| 10/01/2005 |
1. Jarabe de palo. Dicen. 2. David deMaria. Barcos de papel. 3. Pedro Guerra. El circo de la realidad. 4. Luis Miguel. Que seas feliz 5. Tina Turner. Open arms. 6. Laura Pausini. Viveme. 7. La Bruja Gata. Xota de Porto do Son. 8. Loquillo y Trogloditas. Arte y ensayo. 9. Carlinhos Brown. Cumbia moura.
10. Maria Isabel. Antes muerta que sensilla. 11. Sade. Smooth operator. 12. Marta Sanchez. Profundo valor. 13. Lamatumbá. Likorcafe. 14. Andy y Lucas. Hasta los huesos. 15. Mendoça do Rio. Magalenha. 16. Despistaos. Estoy aquí. 17. Miguel Bosé. Down with love. 18. Fito y Fitipaldis. Un buen castigo. 19. Alazán. Porque te quiero. 20. Sidonie. La estación de la libelula. |
| |
| DRIADE ENCABEZA A LISTA DE NADAL |
| 27/12/2004 |
1. Driade. Chiri. 2. Eminem. Like to soldiers. 3. Paco Montero. Pucho. 4. Juanes. Volverte a ver. 5. Fardaxu. El garrotin. 6. Lorca. Sepriente con tacon. 7. Don Omar. Dale don dale. 8. Andy & Lucas. Son de amores. 9. Balakandra. Balakandra. 10. Bebe. Con mis manos. 11. David de Maria. Precisamente ahora. 12. Marc Anthony. Valió la pena. 13. O-zone. Despre tine. 14. Melendi. Trae pa´ka esa hierba buena. 15. Estopa. Fuente de energia. 16. Jarabe de palo. Romeo y Julieta. 17. Cesaria Evora. Natal.
Disco da semana: Mama Cabra. Cantos rodados. |
| |
| FARDAXU, BIG BAND CELTA ARXENTINA |
| 21/12/2004 |
FARDAXU. El garrotin. TENNESSEE. Suenan las campanas. EL MEDICO. Chupa chupa. JUANES. Volverte a ver. MARTA SANCHEZ. Profundo valor. CARLINHOS BROWN. Cumbia moura. LOS CHUNGUITOS. Sin documentos. BEBEL GILBERTO. Aganjú. PILAR BOYERO. El amor es tan fuerte. ANDY & LUCAS. Hasta los huesos. DRIADE. Ese pedazo de Kevin. MANUEL CARRASCO. Mujer extraña. BEBE. Con mis manos. TAMARA. La distancia. MAFALDA ARNAUTH. Bendito fado, bendita xente. RAPHAEL. Llegó Navidad. |
| |
| MELENDI EDITA TAMEN UN VILANCICO |
| 14/12/2004 |
EXITOS 14 DICIEMBRE 2004. Melendi. Trae pa´k´esa yerba güena. Pilar Boyero. Voy a comerte a besos. Marta Sanchez. Profundo valor. Los Chunguitos. Abre tu corazón. Carlinhos Brown. Cumbia Moura. Juanes. Nada valgo sin tu amor. Bebel Gilberto. Aganju. Bebe.Con mis manos. Fia na roca. Fia na roca. Estopa. Fuente de energia.
DISCO DA SEMANA:
Mafalda Arnauth. Bendito fado, bendita xente. |
| |
| LIMONES E DON OMAR ENTRAN CON FORZA |
| 10/12/2004 |
Lista de éxitos RADIO FENE.
1.JUANES. Nada valgo sin tu amor. 2. MARTA SANCHEZ. Profundo valor. 3. CARLINHOS BROWN. Cumbia moura. 4. BEBEL GILBERTO. Aganjú. 5. ANDY & LUCAS. Hasta los huesos. 6. MANUEL CARRASCO. Mujer extraña. 7. BEBE. Con mis manos. 8. TAMARA. La distancia. 9. MAFALDA ARNAUTH. Bendito fado, bendita xente. 10. RAPHAEL. Llegó Navidad. |
| |