| O vicepresidente da Xunta Anxo Quintana en Fene |
| |
| Anxo Quintana gabou a conciencia limpa, o traballo honesto e a persoalidade honrada de Pancho Allegue, unha persoa que sabía traballar sen descanso polo benestar dos viciños e viciñas . |
 | | Onda Rural, o programa do Medio Rural en Radiofusión |
| |
| Achegarse ao Medio Rural dende a perspectiva dos seus habitantes e dos consumidores en xeral. Ese é un dos obxectivos deste programa de Radiofusión que pretende achegarse á actualidade agrícola, gandeira e forestal, poñendo en valor aquelas experiencias innovadoras que contribuien a fixar povoación. O espazo conta coa colaboración da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e emítese a través de Radiofusión, todos os dias de luns a venres ás 13,20 e as 21,20 horas. |
 | | A BIBLIOTECA DIXITAL EUROPEA, UN PROXECTO DE FUTURO |
| |
| Sobre o proxecto da Unión Europea acerca da criación dunha BIBLIOTECA DIXITAL, versa o espacio que podes escoitar aquí do programa EUROPA E TI. Este é un espacio que produce Radio Fene e que diariamente emiten as 30 emisoras municipais que funcionan en Galicia. Realízase a iniciativa coa colaboración das Emisoras Municipales de Andalucia e co patrocinio do Parlamento Europeo. Elabora os programas e realiza a locución a xornalista Carmen Prieto. |
 | | A base do deporte |
| |
| A base do deporte . Chámase así o programa en formato reportaxe que Radiofusión emite dende finais do pasado mes de maio, todos os dias de luns a venres aproximadamente ás 21,10 horas. As Emisoras Municipais Galegas elaboran este espacio abordando todo tipo de especialidades deportivas, e prestando especial atención ao deporte feminino, deporte dos discapacitados, e xogos tradicionais de Galicia. O programa conta co patrocinio da Fundación Deporte Galego, da Dirección Xeral para o Deporte, da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia. |
 |
|