Deportes
AS FARAGULLAS DA CAMPAÑA. ELECCIONS 19 XUÑO.
O homicidio do farmaceútico Moreda. Agrarismo e galeguismo (1917)
Deportes
SANTIAGO DOMINGUEZ CO DEPORTE BASE
Enquisas
¿Consideras positiva a instalación dunha celulosa en Ferrolterra?
Si
Non
Depende
Resultados
As Foxas
LUAR NA LUBRE PRESENTA SAUDADE
Rock 18 Rodas
ANDRES DOBARRO: O BOB DYLAN GALEGO
Manuel María
A súa vida
SANTIAGO DOMINGUEZ CO DEPORTE BASE
07/02/2006
O Director Xeral para o Deporte da Xunta de Galiza Santiago Dominguez comprometeu o apoio ao deporte base como unha das liñas de actuación do seu departamento. A colaboración co deporte de alto rendemento, cando exista, terá que producirse tamén en función do seu compromiso coa promoción da actividade deportiva dos mais novos afirmou o alto cargo da Xunta no marco da súa visita a Fene.
 
INSCRICIONS NO EROSKI FENE BOANDANZA
11/08/2005
O EROSKI FENE BOANDANZA abre prazo de inscrición nos seus equipos de fútbol sala para a temporada 2005- 2006. Os nenos e nenas de todas as categorias poden apuntarse nos locais do club, na Escola da Torre. Rúa Hortelá,20. Perlío (FENE), de luns a sábado entre as 10 e as 11 da mañá. Facilitan máis información no teléfono 981 343203.
 
O FENE ESHOR APOSTA POLA CANTEIRA
08/08/2005
O Fútbol Sala Boandanza prepara a vindeira temporada nas diferentes categorias e equipos do clube. En Primeira A o FENE ESHOR BOANDANZA, aposta pola canteira, con xovenes valores do fútbol sala da comarca. A maioría deles pertenceron ao Prodigasa Boandanza ainda que tamén hai xovenes procedentes doutros clubes da comarca. Do Fene Eshor continuan con contrato en vigor, Unai, Manuel, Rego, Manu Canosa e o porteiro Nacho. O equipo dispón nestes momentos de 10 xogadores, e o plantel completaráse nas vindeiras semanas.Tamén estan a poñer en marcha o equipo feminino MADEIRAS LAMAS BOANDANZA, que un ano máis disputará a categoría autonómica. Igualmente os equipos das categorias de base EROSKI FENE BOANDANZA iniciarán a súa andaina no vindeiro mes de setembro. A planificación de todos estes equipos fíxose co principal criterio de sanear economicamente o clube, obxectivo que agardan conquerir antes de finalizar o presente ano. A partir dahí poderánse proxectar novos obxectivos que contribuian a extender a práctica deportiva como un hábito saudable para o conxunto da povoación, e tamén difundir os nomes de Fene e de Ferrolterra por toda a península. No Consello de Goberno do Boandanza continuan Alejandro Fernández, José Santamariña, Henrique Sanfiz, e incorporouse David Pérez. Agardan igualmente completar a súa composición nos vindeiros dias.
 
PEREIRO QUERE CONTINUAR NO RACING DE FERROL
04/05/2005
O xogador ourensán do Racing Moises Pereiro quere seguir en Ferrol. O futbolista atópase contento na cidade departamental e espera unha nova oferta do club verdibranco. Moises espera que os técnicos comecen a contar con el despois de asegurar a permanencia na categoria. Esta mañá houbo nova sesión de entreno no campo anexo á Malata. Asistiron todos os xogadores incluido o central vasco Jaio que xa traballa co resto do grupo. Somentes o porteiro Escalona atópase ao marxe seguindo a súa recuperación despois de pasar polo quirófano. Os técnicos Juan e José Veiga teñen practicamente pechado o once inicial que sairá o domingo en Zorrilla. Unicamente hai dúbidas no tema do centro do campo ao caerse Miguel Cobas por mor da sanción por acumulación de tarxetas. Esta baixa e a obrigada do francés Toni Vosalho farán que os adestradores realicen cambios tanto na zaga como no liña media do terreo de xogo. Por certo o francés Vosalho xa se atopa en Montpellier onde dará luz a súa muller, previsiblemente o venres. Moises Pereiro pasou esta mañá pola sala de prensa da Malata. O ex barcelonista afirmou que seguirá traballando nos vindeiros días esperando as súas oportunidades. O futbolista espera que, despois de asegurar a permanencia, poida xa entrar nos plans do club. O xogador di que todavia non sabe nada sobre a súa hipotética renovación. O Racing disputará mañán xoves o partidiño semanal de adestramento no campo central da Malata.
 
O UNIVERSITARIO XOGASE A TEMPORADA ESTE XOVES
03/05/2005
O Universitario Ferrol prepárase para o partido do xoves en Viladecans (Barcelona). Será o principal exame da temporada para o equipo de Miguel Maseda. Non cabe a derrota na cabeza do míster xa que esta opción significaria quedar eliminado dos play off de ascenso á División de Honor do baloncesto feminino español. O reto preséntase moi compricado e todos son conscentes no seo do club da trascendencia do encontro en Cataluña. A expedición partirá mañán ao mediodía cara a cidade condal via aeroporto da Coruña.
 
600 NENOS E NENAS PARTICIPAN NA XORNADA DE ATLETISMO DIVERTIDO
27/04/2005
Mañán xoves o pavillón da Xunqueira de San Valentín encheráse de nenas e nenos dos colexios de Fene. Celebraráse a última xornada do atletismo divertido que organizan o Concello de Fene e a Federación Galega de Atletismo. As probas comezarán ás dez da mañá e durarán ata a unha da tarde. Participarán arredor de 600 nenos e nenas dos colexios a Xunqueira de San Valentín, o Ramo de Barallobre, Os Casais de Maniños, Centieiras de Perlío e o colexio da Jorge Juan. As probas a realizar serán saltos a pés xuntos, saltos de lonxitude, carreiras de velocidade, relevos e lanzamentos. O Concello de Fene e a federación galega de atletismo contarán coa colaboración dos mestres dos centros de ensino participantes. Esta é a última xornada deste ciclo de atletismo divertido organizado en Fene en horas de actividade escolar coa idea de introducir esta especialidade deportiva na xuventude.
 
LEDICIA E GAÑAS DE TRABALLAR NO ADESTRAMENTO DO RACING DE FERROL
26/04/2005
Moita tranquilidade, ledicia e gañas de traballar. Asi voltou o Racing de Ferrol esta mañá ao traballo diario na Malata. A situación do terreo de xogo do anexo totalmente anegado de auga fixo trocar de opinión aos técnicos. Os irmáns Veiga decidiron a última hora facer ximnasia polos corredores do Estadio. Mañán tocáralle o turno ao encontro-adestramento no campo central da Malata xa que o partido ligueiro se disputará o sábado ás seis e media da tarde retransmitido en directo por Televisión de Galicia. O partido ante o Elche pode ser unha auténtica festa racinguista. O equipo dos irmáns Veiga leva catro victorias consecutivas e suma un total de 46 puntos. Practicamente están a unha victoria de asegurar matematicamente a permanencia na categoria e de cumprir os obxectivos previstos para esta temporada. O pasado sábado en Córdoba anotou Curro Vacas, o cordobés do Racing. O futbolista andaluz non celebrou o seu gol pola situación na que pasa o conxunto do Arcanxel cun pé na segunda división B, segundo explicou esta mañá na Malata. Pola súa banda, o gardarredes do Racing Bello Amigo non pensou estes días sobre o seu futuro inmediato ao remate desta temporada. A situación do equipo obrigouno a centrarse no traballo diario, afirmou o gardameta. O porteiro pensa que o tema da hipotética renovación se retomará de novo nas vindeiras semanas. En calquera caso, a xunta directiva presidida por Isidro Silveira, podería “mover ficha” xa dende a vindeira semana no caso do porteiro e doutros xogadores que rematan contrato.
 
COMEZAN OS "PLAY OFF DE ASCENSO" DO UNIVERSITARIO FERROL
25/04/2005
O sábado comeza o play off para o conxunto que entrena Miguel Maseda. As ferroláns xogarán a primeira fase desta eliminatoria de ascenso co Viladecans de Cataluña. O primeiro encontro celebrárase no pavillón de Esteiro este sábado. Clasificarase o mellor de tres partidos. O primeiro e o terceiro enfrentamento disputaránse en Ferrol xa que o Universitario ten o factor cancha. Catro eliminatorias xogaránse nesta primeira fase entre este sábado e os días 5 e 8 de maio. Logo os clasificados xogarán as semifinais tamén ao mellor de tres partidos e a grande final está prevista para o día 28 de maio. O Universitario é un dos favoritos para o ascenso á División de Honor do baloncesto feminino. O Viladecans barcelonés chegará a Ferrol a mediados de semana para preparar o primeiro encontro dos play off na propia cancha de Esteiro. Permanencia asegurada O Club Baloncesto Galicia logrou a permanencia na liga EBA despois de gañar esta fin de semana ó Zamora no pavillón da Malata. As duas prazas de descenso son finalmente para o Oviedo e o Frigoríficos Florindo. O Galicia e o Universidade de Valladolid salvaron os mobles no último partido. O Galicia pechará a liga regular o sábado 7 de maio ante o Oviedo na Malata. Antes xogará o día 30 de abril en Santurce ante o conxunto vasco.
 
MARTINEZ FRANCO ARBITRARÁ O CÓRDOBA - RACING
20/04/2005
A pantasma do arbitro Martínez Franco percorre as instalacións da Malata. O discutido e polémico colexiado murciano voltará de novo a dirixir un partido do Racing. De novo Martínez Franco, o señor de negro que sacou das suas casillas a Isidro Silveira, voltará de novo a cruzarse co Racing. Será o sábado no Novo Arcanxel ante o Córdoba. O arbitro non é do agrado do racinguismo aínda que esta mañá todos os consultados foron, terriblemente diplomaticos cando lles preguntamos polo arbitro. En Córdoba tamén falan, e non ben, do polémico colexiado murciano. Polo que Martínez Franco é como Calimero, un incomprendido en todas partes. Esta mañá houbo o partidiño-adestramento no campo central da Malata. Asistiron todos os xogadores salvo a baixa de Escalona por lesión. Tamén traballou Jaio xa co grupo. Os irmáns Veiga fixeron un sin fin de trocos e probaron a distintos homes en distintas posicións. Que si Franch na defensa, que si no medio do campo, Moises Pereiro por banda, arriba Flavio ou Bermejo, é dicir, combinacións, permutacións ou variacións. O corpo técnico fixo todas as probas posibles co único obxectivo de intentar conquerir os tres puntos en xogo na capital andaluza. A expedición ferrolá partirá mañán xoves despois de xantar. A xornada será intensiva. Entreno pola mañá, e saída a primeira hora da tarde con parada en Madrid para durmir. O venres o equipo continuará viaxe a Córdoba pola estrada de Andalucia e adestrará no Novo Arcanxel xa pola tarde. O encontro ante os andaluces disputárase o sábado ás seis e media coas cámaras da Televisión de Galicia en directo. Esta mañá pasou pola sala de prensa da Malata o presidente Isidro Silveira. O máximo mandatario estivo diplomatico a pesar das numerosas preguntas sobre o colexiado Martínez Franco. As respostas de Silveira resúmense en que ao Racing non lle preocupan os arbitros.
 
O PARRULO: TODA UNHA LIGA EN 40 MINUTOS.
19/04/2005
Moito se xoga o Coinasa o Parrulo este sábado ante o Bargas toledano. O equipo de Ferrol debe empatar ou gañar para asegurar a permanencia na División de Prata do fútbol sala. Tamén lle pode valer unha derrota pero depende de terceiros e ese terceiro é o Ram de León. Leoneses e ferroláns disputan esta fin de semana unha das prazas que levan directamente ao descenso de categoria. Ante esta expectativa de exame final, o plantel do Coinasa o Parrulo entrena no parqué da Malata. O técnico Bernardo Carpente é conscente do momento histórico que vive a entidade e pediu a todos os xogadores o máximo esforzo para estes cinco dias clave no futuro da entidade ferrolán. O Parrulo conta con 23 puntos por 20 do Ram León. Por iso un empate, un único punto chega para garantir a salvación do club presidido por Julio Martinez.
 
O PERLIO E O BARALLOBRE LOGRAN O ASCENSO
18/04/2005
A S.D. Barallobre e o C.C.R.D Perlío teñen a opción de ascender de categoría despois de gañar onte nos seus respectivos partidos de fútbol. O Barallobre logra o ascenso automático ó asegurar a segunda praza da Terceira Rexional. Onte o conxunto verdinegro venceu pola mínima ó Canido. As instalacións do Ramo foron unha auténtica festa con foguetes e cava como é tradicional. O C.C.R.D Perlío tamén ten a opción de ascender á liga provincial (primeira rexional da Coruña). O campión da Segunda Rexional O Somozas renunciará ó seu dereito ó ascenso. O presidente do club e alcalde do Concello de As Somozas Manuel Candocia declarou no noso programa Volta á Ría que a súa entidade renunciará ó dereito o ascenso. Onte as instalacións dos Pinares tamén estouparon nunha festa ó coñecerse as intensións do presidente do Somozas. O Perlío onte venceu e goleou ó Moeche. Os feneses endosáronlle cinco tantos ó seu rival. Pola súa banda o Cultural Maniños continuará unha temporada máis na Segunda Rexional. Onte o equipo de Manel Pérez rematou o encontro no Pote con empate a cero goles diante do Cebarca.
 
O RACING RECIBE A EL EJIDO NA ZONA DA TRANQUILIDADE
11/04/2005
O conxunto de Juan Veiga volveu á zona da tranquilidade. O equipo de Ferrol venceu ó Salamanca e colócase no medio da clasificación, en terra de ninguén, a seis puntos dos postos de descenso e a 17 dos lugares de ascenso. A tranquilidade deste momento pode orixinar unha situación de perigo se o conxunto racinguista saca o pé do acelerador . O vindeiro rival dos verdibrancos chámase El Ejido e atópase a dous puntos do Racing, un posto por arriba. Polo tanto, falamos dun adversario directo e un novo test para o grupo dos irmáns Veiga cara a consolidación da categoria. Os ferroláns perden ó central Miguel Ángel Tena por acumulación de amonestacións. A súa ausencia ten como sustituto favorito a David Franch. O tamén levantino está a facer un gran papel nos últimos compromisos ligueiros. Este retoque nas liñas favorece a volta ó equipo inicial do cordobés Curro Vacas que podería estar no centro do campo no encontro fronte ó El Ejido. O partido ante os almerienses disputárase o domingo ás seis na Malata.
 
BOANDANZA E PARRULO PENDENTES DE PANA
04/04/2005
O Boandanza e o Parrulo están pendentes de Pana. O segundo máximo goleador da liga na División de Prata ten problemas na deda dun pé. O pasado sábado lesionouse no partido de Bargas en Toledo. Nunha xogada de ataque Pana chocou co poste da porteria rival e recibiu un forte golpe que lle impediu saltar á pista na segunda metade. Durante toda a fin de semana aplicou xelo á zona pero continúan as molestias e a deda presenta un mal aspecto. O xogador visitará esta tarde ó médico para coñecer o diagnóstico da lesión. Pana confirmounos que fará todo o posibel por estar o mércores no derbi comarcal ante o Coinasa Parrulo. A baixa de Pana centra a actualidade dun partido que se presenta crucial para as duas entidades de Ferrolterra. Os feneses convocaron entreno para esta tarde e tamén para mañán martes. O mesmo fará o conxunto que adestra Bernardo Carpente. O Fene-Eshor Boandanza afronta o encontro cunha mellor situación na clasificación. O Coinasa o Parrulo atópase en postos de descenso con 20 puntos e 24 partidos disputados. O Fene-Eshor suma 21 puntos tamén en 24 encontros xogados. Quedan 4 partidos e a permanencia está en xogo. A directiva do Fútbol-Sala Boandanza non declarou a xornada como día do club, polo que, se aplican os prezos habituais. A entrada senior custará 6 euros. Os menores de 18 anos pagarán 1 euro. Os socios entrarán co seu abono correspondente. O partido comezará ás oito e media da tarde do mércores no recinto habitual do polideportivo da Xunqueira de San Valentín.
 
O FENE ESHOR AO "ASALTO DO ALCAZAR DE TOLEDO"
01/04/2005
O Fene Eshor Boandanza xoga mañá sábado un dos partidos máis importantes da temporada da Liga da División de Prata do fútbol sala. Os xogadores adestrados por Domingo Seijas intentarán “asaltar o alcázar de Toledo” pescudando unha victoria fronte ao Bargas. O partido comezará ás 6,30 da tarde de mañá sábado. O conxunto fenés desprázase con todo o seu plantel. Partirán esta mesma tarde e pasarán a noite na localidade de Villacastín. O Fene Eshor ocupa a duodécima posición con 21 puntos. O Bargas é octavo con 32 puntos. Atópase na zona media da clasificación sen opcións para o play off de ascenso e alonxado dos postos de perigo. O conxunto toledano ven de clasificarse para a final da Copa da Junta de Comunidades de Castilla La Mancha. Disputará este partido fronte ao Albacete o 31 de maio, e loxicamente afrontará o encontro de mañá sen nengún tipo de presión e coa moral alta. O seu capitán e peche De La Cuerda é un dos principais bastións do equipo, ademáis dos brasileiros Cleber e Kenedy. O partido entre o Bargas e o Boandanza terá o aliciente engadido de coñecer o número de goles que marca Pana. O xogador de Campolongo mantén un pulso particular para alzarse co título de Pichichi da División de Prata. Nestes momentos é máximo goleador Alex do Universidad de Málaga con 47 tantos, por 45 de Pana. Polo que se refire aos equipos situados por debaixo do Fene Eshor na clasificación, O Parrulo descansará ao xogarse o seu partido fronte ao Boandanza o vindeiro mércores. O Ram Leon visita ao Loureiro na Coruña, e o Gestesa Loeches xoga en Ourense co equipo da cidade das Burgas.
 
PRIMEIRA FINAL PARA O RACING DE FERROL
31/03/2005
O Racing afronta a súa primeira final cara o obxectivo da permanencia na Segunda División do fútbol español. Despois de sete derrotas consecutivas o conxunto ferrolán debe reaccionar ante o filial do Málaga. O equipo andaluz atópase por diante do Racing cun punto de diferencia. É un rival directo cos mesmos obxectivos ó remate de temporada. O técnico racinguista Juan Veiga afirmou nos micrófonos de Radio Fene que o Málaga B se reforzou moito en xaneiro, ao incorporar a xogadores como Paco Esteban ou Geijo procedentes do seu primeiro equipo. Para Veiga o Málaga B é un filial distinto. Práctica un xogo directo, buscan o rexeite, con gran forza física e presionan moito, engade o míster mugardés. O encontro celebrárase o domingo na Malata.
 
COAS PILAS CARGADAS CARA O ASCENSO
29/03/2005
O Universitario Ferrol quere afianzar o seu liderato. O equipo de baloncesto feminino afronta o último tramo da liga regular na primeira posición da clasificación xeral. Restan 4 xornadas fronte ao Badajoz, as madrileñas do Canal de Isabel II, o Guadalajara e o Rivas Futura. Coa clasificación para os play off lograda hai xornadas, o Universitario ten como meta rematar a competición regular na primeira posición. Onte o equipo volveu ó traballo diario cunha suave sesión de monte e praia en Doniños. A xogadora Elvira tivo recuperación no ximnasio con Ángel Bermúdez e María mais Raquel fixeron traballo na praia para fortalecer nocellos mentres que o resto da plantilla adestrou no monte. Non participou nesta volta á normalidade Jenny xa que chegou a Ferrol a media tarde despois do palizón de avión que se pegou. O vindeiro compromiso do Universitario disputaráse o sábado ás sete da tarde no polideportivo de Esteiro en Ferrol ante o Badajoz.
 
CLAUSUROUSE CON ÉXITO O FUTFENE 2005
26/03/2005
Con gran asistencia de público celebrouse o pasado xoves o acto de clausura de Futfene 2005, o torneo de fútbol sala que organizou en Fene o Eroski Boandanza. Os resultados das finais dos torneos foron os seguintes: Prebenxamíns: Eroski Fene Boandanza 6 Materiais do Atlántico 7 Benxamíns: Narón Balompé 1 Materiais do Atlántico 8 Alevíns: Materiais do Atlántico 4 Galicia de Mugardos 5 Infantil: Narón O Freixo 1 Eroski Fene Boandanza 3 Cadete: Sartaña 2 Materiais do Atlántico 4
 
O PARRULO AS FINAIS DO FUTFENE 2005
23/03/2005
O Futfene 2005 continua desenvolvendose esta tarde no pavillón de San Valentín. Esta tarde disputaránse os partidos para dirimir os terceiros e cuartos postos. As catro xogarán os equipos da categoría prebenxamín, ás cinco os benxamíns e as seis da tarde os alevíns. Xa mañá xoves celebraránse as finais deste torneo que se ven disputando dende o pasado luns no polideportivo da Xunqueira, organizado polo Eroski Fene Boandanza. Mañán ás once xogaráse a final da categoría cadete entre o Sartaña e o Materiais do Atlántico de Ferrol. As doce enfrontaránse o Eroski Fene e o Narón O Freixo. Xa pola tarde os equipos do Materiais do Atlántico xogarán as tres finais. Enfrontaráse ás catro ao Eroski Fene prebenxamín, ás cinco ao Narón Balompé benxamín e as seis da tarde ao Galicia de Mugardos alevín. As sete da tarde principiarán os actos de clausura do torneo e a entrega de agasallos a todos os participantes, neste torneo de fútbol sala FUTFENE 2005.
 
OUTRO OSO DURO DE ROER PARA O RACING
21/03/2005
A can fraco, todas son pulgas. O Racing de Ferrol prepárase para un novo test no Ramón de Carranza, dentro do seu periplo pola Segunda División do fútbol español. O Cádiz ven de gañar ao lider, o Celta de Vigo, e colócase a tres puntos da primeira posición. En mal momento achéganse os ferroláns á Taciña de prata despois de seis derrotas consecutivas. Espérase na Malata unha semana de auténtica paixón, preparando o encontro diante do Cáidiz. Todos agardamos un domingo de Resurrección para o racinguismo.
 
VITORIA, A ESPERANZA RACINGUISTA
17/03/2005
Moito se xoga o Racing no estadio de Vitoria-Gasteiz. As estatísticas son beneficiosas para os intereses dos ferroláns. O Deportivo Alavés é un equipo moi irregular na casa con sete victorias e cinco derrotas ademáis de dous empates. Pero, os números, números son. O conxunto vasco atópase nun bó momento de forma. Ocupa a sexta posición da Segunda División con 45 puntos e coa vista posta nas posibilidades de ascenso. O Racing disputará este partido en Euskadi coa mellor situación do plantel no capítulo de lesions e sancions. Non hai castigados e as baixas concéntranse no porteiro Escalona e os problemas dos vascos Jaio e Alberto. Bello Amigo espera recuperarse e poder defender a meta do Racing de Ferrol, nun encontro que principiará este sábado ás seis e media da tarde, retransmitido en directo pola Televisión de Galicia. Os da Malata buscarán a victoria en Vitoria.
 
MERGULLADOR, UN EMPREGO DE FUTURO
16/03/2005
O Concello de Fene pon en marcha un curso oficial de mergullador que comezará este venres. A actividade prolongaráse por espacio de 20 días. A Asociación Nautilus encárgase da iniciativa. As clases teóricas dáranse no local da entidade na escola da Torre de Perlío. A parte práctica desenvolveráse na piscina municipal de Centieiras e na praia de Chanteiro no Concello de Ares. O Concello fenés leva varias temporadas desenvolvendo actividades relacionadas co mergullo, todas elas coa colaboración do clube de submarinismo “Nautilus”, presidido por David Deibe. Hai uns días celebrouse na piscina de Centieiras un bautismo de mergullo coa presencia de 10 iniciadores.
 
O "DERBI" CLAVE PARA BOANDANZA E PARRULO
15/03/2005
Comeza o mes máis importante da temporada para os dous equipos de fútbol-sala de Ferrolterra. Os dous conxuntos disputan a permanencia entre o día 19 deste mes de marzo e o 23 do vindeiro mes de abril. Son sete partidos para o Boandanza e seis para os de Ferrol onde a salvación está en xogo. O Fene-Eshor xógase a liga en tres partidos. O día 2 de abril viaxará a Toledo para enfrentarse ó Bargas, o 6 recibe ó Parrulo en San Valentin e o 16 compite co Loeches, tamén na Xunqueira. Son tres encontros ante rivais directos onde están as posibilidades de salvación . O Parrulo tamén ten tres partidos asequibles . Falamos do derbi co Boandanza do día 2 e dos choques na Malata co Cadonsa Pinto o día 9 e co Bargas o día 23. Deste xeito, o derbi do mércores 6 de abril na Xunqueira poder ser o partido clave da liga para ámbolos dous equipos.
 
O BARCELONISMO CÍTASE EN FERROL
14/03/2005
A Peña Barcelonista Ferrolana que preside Agustín Bellón organiza unha cea para o venres 18, víspera da visita do Barcelona a Riazor. Participarán directivos do club catalán, ex-xogadores como Andrés Parada, máis coñecido por Suco , afincado en Ferrol e tamén o delegado para Galicia das penyes do Barça Francisco de Castro González. A Peña Barcelonista Ferrolana é unha das máis antergas de Galicia e presenciará o sábado o partido entre o Depor e o Barça na Coruña.
 
A PEÑA MÁIS VIAXEIRA EN NARON
10/03/2005
Arredor de 60 afeizoados de fútbol-sala de Narón forman a “peña Edu”, co nome do porteiro do Mobles Caloto da Pobra de San Xiao (Lugo). A partir dun feixe de amigos do gardarredes de Narón, formouse esta peña que a pasada temporada acudiu á localidade luguesa para presenciar os partidos da División de Prata do Caloto. Ademais dos partidos que o equipo xogaba como local, os seguidores de Edu acudian a numerosos encontros fora da casa. Neste último capítulo, o grupo percorreu a pasada temporada 2.370 quilómetros en partidos fóra de casa. Este ano o Caloto milita na División de Honor e a peña “Edu” quere incrementar o seu “contaquilómetros” particular. De momento teñen xa programado un acompañamento do equipo á localidade de Boadilla en Madrid para o sábado 9 de abril. Aproveitarán a viaxe para asistir ao partido de fútbol entre o Real Madrid e o Barcelona do dia 10 de abril. As persoas interesadas en participar poden apuntarse no Bar El Cruce de Narón, a sede oficiosa da peña.
 
O MANIÑOS ASCENDE Á TERCEIRA POSICION
09/03/2005
O Comité de Competición da Delegación en Ferrol da Federación Galega de Fútbol informará hoxe da alineación indebida do partido Maniños-Moeche celebrado o pasado 27 de febreiro no campo do Pote. O equipo fenés presentou reclamación por alineación indebida de xogadores cadetes con menos de 15 anos e sen ficha federativa na categoría. O Comité dará o partido por perdido para o Moeche. O encontro finalizara con empate a un tanto. Deste xeito, os feneses suman dous novos puntos e colócanse na terceira posición da clasificación da Segunda Rexional de fútbol con 41 puntos, desprazando ó Perlío ó cuarto lugar con 40 puntos. O Maniños adestrou o luns e o Perlío onte martes nas instalacións de Centieiras. Os dous equipos xóganse o ascenso no vindeiro mes.
 
REFLEXION E CATARSE CARA O FUTURO NO BOANDANZA
08/03/2005
O equipo de fútbol sala de Fene tivo onte charla nos vestiarios despois da derrota contra o Ram de Leon e voltarán ao traballo diario o vindeiroxoves. O corpo técnico pretende xogar ese dia un partido amistoso co equipo filial do Lobelle de Santiago. Mentres tanto o Consello de Goberno do FENE ESHOR BOANDANZA atópase á espera da decisión do Comité de Competición da RFEF sobre o partido aprazado do Bargas. O Boandanza presentou duas propostas de datas e os órganos de competición deberán tomar unha decisión nos vindeiros dias. A primeira alternativa consiste en fixar o partido en Bargas para o 2 de abril, adiantando o derby comarcal co Parrulo para o mércores 30 de marzo. A outra alternativa pasa por xogar en Toledo o 24 de marzo, xoves da Semana Santa, deixando o partido de rivalidade no dia fixado inicialmente, o 2 de abril.
 
A POR TODAS NO DERBY GALEGO
07/03/2005
O Racing de Ferrol e o Celta de Vigo afrontarán o derby galego en distintas circunstancias. O Racing está en caida libre na clasificación da Segunda División, despois de colleitar a súa cuarta derrota consecutiva en Murcia. O Celta de Vigo atópase nun momento doce de xogo e resultados, tras gañar ao Deportivo Alavés en Mendizorroza, e poñer xa un pé na Primeira División. A directiva do Racing decidiu declarar o partido como Dia do club . En tribuna os abonados pagarán 15 euros mentres que o público en xeral abonará 30 euros. Nos fondos a entrada custará 11 euros para os socios e 18 para o público. A directiva agarda para este partido gran afluencia de afeizoados procedentes de Vigo. O partido comezará ás 18,30 da tarde do vindeiro sábado no Estadio da Malata en Ferrol.
 
O BOANDANZA CON BAIXAS RECIBE AO LEON
03/03/2005
O Boandanza recibe este sábado ao RAM de León coa baixa do porteiro Canoli por sanción. Os leoneses non poderán tampouco contar con Campos por lesión, nen con Baldo por sanción. O encontro preséntase como crucial para o Fene Eshor. Unha victoria representaría un paso de xigante cara o mantenemento da categoría da División de Prata do fútbol sala español.
 
PANA XOGARÁ O DERBI LESIONADO
O capitán do Fene-Eshor Boandanza Pana ten unha forte lesión na deda dun pé. Onte o xogador eumés visitou ó médico que diagnósticou un forte golpe na zona con mazazo perímetral pero sen fisura nos osos da extremidade. A lesión ten unha recuperación moi lenta como calquer mazadura. O futbolista de Campolongo ten dor e pensa que poderá xogar pero coa deda moi ben vendada e con algún analxésico. A situación de Pana é a maior preocupación do corpo técnico do Boandanza. Onte houbo adestramento na Xunqueira. Domingo Seijas planificou charla e pista. Asistiron todos os xogadores do plantel salvo o capitán. O míster suspendeu finalmente o entreno previsto para hoxe martes. Mentres tanto en Ferrol onte houbo adestramento do equipo de Bernardo Carpente e o técnico eumés conta con todo o plantel disponibel.
 
 Radio Fene. 2003.  todos os dereitos Reservados