| Maria Mariño, a voz feminina do Courel |
| 28/08/2006 |
A Real Academia Galega decidiu adicar o Dia das Letras Galegas do 2007, á poeta natural de Noia Maria Mariño. A escritora viviu vinte anos no Courel, onde o seu home Roberto Posse exercía como mestre. Residiron nun primeiro momento na aldea de Romeor, onde Maria Mariño sofriu unha depresión tras sofrir un aborto e ver como falecía a súa nai. Dalí trasládanse a Parada do Courel, onde residen na escola, situada fronte á casa de Uxío Novoneira. Maria Mariño reflexa na súa escritura a grandeza da paisaxe da montaña de Lugo. Como Novoneyra, como Fiz Vergara Vilariño. Os seus restos repousan no cemiterio de Seoane do Courel. A súa obra revivirá no vindeiro ano 2007 ao fio das Letras Galegas. É coincidente con Uxio Novoneyra, o tema propiciado pola serra e o seu cosmos, a ansia de ver o seu ser transcendido no ámbito da Natureza segundo o profesor Ramiro Fonte. Maria Mariño publicou o libro Palabra no tempo en 1963. O Concello de Noia publicou en 1990 a súa obra póstuma Verba que comenza. . A profesora Patricia Arias prepara agora un rigoroso estudo sobre a vida, a correspondencia e a obra da poeta natural de Noia. |
| |
| Artigos Anteriores |
|